Dende a derradeira semana e dentro das celebracións conmemorativas do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia da USC, vense celebrando unha Reunión Científica Multidisciplinar co principal obxectivo de dar a coñecer a sociedade,  os grupos e liñas de investigación nas que toman parte os profesores de dita Facultade.

En dita reunión científica participan os 28 grupos de investigación presentes na Facultade, que expoñen nun total de 57 carteis os aspectos mais suliñables das preto de 75 liñas de investigación que veñen a desenrolar ditos grupos.

Dende unha investigación pura ata unha aplicada, ditas investigacións acollen dende os mais recentes avances da farmacoloxía ata a química bioinorgánica médica, dende a química orgánica farmacéutica ata a nanotecnoloxía aplicada a biomateriais de interés farmacéutico e biomédico, ou dende a bromatoloxía e o desenrolo de métodos analíticos aplicados ao estudio da composición de alimentos ata o deseño de hidrogeles sensibles a estímulos e con recoñecemento molecular como sistemas de liberación de fármacos, sen esquecer  os estudios das interaccións moleculares de antibióticos antifúngicos con compoñentes da membrana celular, os estudios bioquímicos, os tratamentos de residuos industriais  ou os anais, valoracións e manexo da flora e das comunidades vexetais, entre outras.

As liñas de investigacións expostas nos carteis, atopanse recollidas nun libro editado pola Facultade de Farmacia.

A Reunión Científica rematará o vindeiro venres día 15 con unha conferencia que impartirá  Académico de Número da Real Académia Nacional de Farmacia, Profesor de Investigación do CSIC e responsable do Departamento de Bioloxía Molecular e Celular do Centro Nacional de Biotecnología Prof. Dr. D. Mariano Esteban Rodríguez, que falará sobre o tema “Desarrollo de una vacuna VH-Sida” e que pronunciará na Salón de Grados da Facultade de Farmacia, as 11 da maña.