Novas

 
 

EXPOSICIÓN FILATÉLICA CONMEMORATIVA DOS 150 ANOS DA
FACULTADE DE FARMÁCIA

Xoves, 22 de Novembro de 2007
 

Como parte dos actos conmemorativos dos 150 anos da fundación da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela, entre as moitas actividades de todo tipo programadas decidiuse organizar unha mostra filatélica que contase a historia da Farmacia a través de motivos postais (selos, cuños, sobres, etc.) que expresasen a súa evolución ao longo do tempo e mostrasen a riqueza de facetas ligadas con ela, así como a súa estreita relación coa sociedade.
Dita exposición, titulada Historia da Farmacia a través da Filatelia, foi inaugurada o derradeiro mércores día 7 de novembro polo Vicerreitor de Cultura da USC e o Decano da Facultade de Farmacia, e vense celebrando na Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos) con notable asistencia de publico. A exposición manterase aberta ata o 23 deste mes.

> Ampliar. PDF
 

EXPOSICIÓN DE DEBUXO E PINTURA 150 ANICERSARIO DA
FACULTADE DE FARMACIA

Xoves, 22 de Novembro de 2007
 

Ven sendo moi concorrida a exposición das obras presentadas ao Certame de Debuxo e Pintura que con motivo do 150 Aniversario da creación da Facultade de Farmacia convocou a Comisión organizadora de tales actos co patrocinio de Alcaliber, S. A.
Dita exposición mantense aberta na Sala de Exposición do Hotel Meliá Araguaney ata o vindeiro martes día 20, de 17 a 21 horas.
De seguido a exposición trasladarase a Lugo onde as obras exporanse na Escola de
Estudios Empresariais dende o 21 ata o 30 de novembro.
O fallo do Xurado dos premios, está previsto que se de a coñecer en Lugo o día 29 as
13.00 horas así como na paxina web do 150 aniversario.

> Ampliar. PDF
 

A Facultade de Farmacia expón unha selección dos mellores traballos do certame de fotografía que conmemora o seu 150 aniversario

Luns, 21 de maio de 2007
 

As obras presentadas ao Certame de Fotografía ‘150 aniversario da Facultade de Farmacia da USC’, patrocinado por Agrupación Mutual Aseguradora AMA, poden contemplarse ata o vindeiro 10 de xuño na propia Facultade logo de que o xurado emitise o seu fallo. Das 59 fotografías presentadas ao concurso, o xurado seleccionou para a mostra un total de 30. 

> Ampliar
 

CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA “150 ANIVERSARIO FACULTAD DE FARMACIA”

Miércoles, 25 de abril de 2007
 

Una vez finalizado el plazo de presentación de trabajos al certamen de fotografía "150 Aniversario de la Facultad de Farmacia". En la modalidad digital del Certamen se han presentado un total de 177 obras que están expuestas en la página web del 150 Aniversario. Desde el 23 hasta el 6 de mayo está abierto el plazo para la votación popular, lo cual puede realizarse en esta página web

> Ampliar
 

A Facultade de Farmacia da USC, no seu 150 aniversario, descubre Galicia a través das últimas tecnoloxías multimedia e audiovisuais.

luns, 23 de abril de 2007
 

A exhibición da mostra ‘Galiciadixital’ enmárcase no 150 aniversario do centro compostelán

> Ampliar
 

A Facultade de Farmacia iniciou oficialmente os actos conmemorativos do 150 aniversario da súa creación

Venres, 16 de febreiro de 2007
 

A inauguración do 150 aniversario da creación da Facultade de Farmacia celebrouse, hoxe venres neste centro universitario, nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e ao que tamén asistiron os vicerreitores de Relacións Institucionais, Lorenzo Fernández Prieto; da Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán, e de Cultura, Elías J. Torres; o decano da Facultade, José Miñones; o director xeral de Ordenación e Calidade do SUG, Ramón Leis; o presidente do Consello Social, Manuel Puga, e o presidente da Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Farmacia, Agustín García.

> Ampliar
 

Inauguración dos actos de celebración do 150 aniversario da Facultade de Farmacia

Xoves, 15 de febreiro de 2007
 

O vindeiro venres 16 de febreiro celebrarase na Facultade de Farmacia o acto inaugural da celebración do sesquicentenario de súa creación. Dito acto escomenzará as 12 h da maña, nas dependencias decanais, coa apertura da Galería de Decanos, onde se atopan recollidas as fotografías ou os cadros, feitos por pintores famosos, de tódolos Decanos que rexeron a Facultade nestes cento cincuenta anos.

> Ampliar
 

A Facultade de Farmacia convoca un certame de fotografía no seu 150 aniversario

Luns, 12 de febreiro de 2007
> Ampliar
 

Acto académico inaugural do sesquicentenario da creación da Facultade de Farmacia

Xoves, 8 de Febreiro de 2007.
> Ampliar
 

Farmacia entregou o premio ao creador do logotipo que representa o 150 aniversario da Facultade

> Ampliar