Acto académico inaugural do sesquicentenario da creación da Facultade de Farmacia

O vindeiro venres 16 de febreiro celebrarase na Facultade de Farmacia o acto inaugural da celebración do sesquicentenario de súa creación. Dito acto escomenzará as 12 h da maña, nas dependencias decanais, coa apertura da Galería de Decanos, onde se atopan recollidas as fotografías ou os cadros, feitos por pintores famosos, de tódolos Decanos que rexeron a Facultade nestes cento cincuenta anos.
As 12.30 h, na Aula Magna, presidida polo Sr. Rector e con a presencia das autoridades académicas e claustro de profesores e alumnos da Facultade, iniciarase o acto docente inaugural propiamente dito, coa impartición por parte do profesor Joan Guinovart da conferencia titulada “El Triunfo de la Farmacia”. De seguido, o Decano da Facultade falará sobre a importancia da Facultade de Farmacia no desenrolo da Universidade e da cidade de Santiago de Compostela e asemade da influencia que prestou e presta a Sociedade galega e de toda España a través dos mais de dez mil alumnos de toda a xeografía española que ao longo destes 150 anos cursaron os seus estudios de Farmacia na archicoñecida Fonseca.
Pechará o acto académico con un discurso institucional o Sr. Rector.
Rematado o acto, os asistentes reuniranse nun céntrico establecemento en un almorzo de confraternización.