Exposición de fotografías
O vindeiro día 11 de outubro, as 13.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Farmacia vaise a
celebrar o acto de entrega dos premios correspondentes a o CERTAME DE FOTOGRAFÍA 150 ANIVERSARIO
FACULTADE DE FARMACIA, celebrado o derradeiro curso, que foi patrocinado por Agrupación Mutual
Aseguradora AMA.
A o certame presentáronse un total de 59 fotografías das que o xurado seleccionou 30 que compuxeron a
exposición celebrada entre os meses de mai o xuño, outorgando os seguintes premios:
Primeiro premio de 750 € e Diploma, a fotografía co título: Camino de Pamukkale,
presentada baixo o lema “Ayur-Veda” por D. Roberto González Berdini de A
Coruña.
Segundo premio de 500 € e Diploma, a fotografía co título: Gatos callejeros 2,
presentada baixo o lema “Felix Zaragoza” por D. José Ramón Moreno Fernández
de Zaragoza.
Terceiro premio (especial) de 250 €, Diploma e obsequio conmemorativo, entre as
fotografías presentadas polos integrantes ou licenciados da Facultade de Farmacia da
USC, a fotografía co título: Que ben, isto non ardeu, presentada baixo o lema “Nin
arre nin xo” por D. Manuel Campos Toimil da Facultade de Farmacia da USC.
O xurado, atendendo a mellor calidade fotográfica e interese etnográfico, outorgou tamén unha
Mención especial, Diploma e obsequio conmemorativo, a fotografía co título: Pisac,
presentada baixo o lema “Yer” por D. Javier Pedro Fernández Ferreras de Berango.
Asemade, figuran tamén na exposición as fotografías premiadas polo público presentadas a o
certame virtual onde concursaron un total de 177 obras. O premio correspondeu a fotografía
titulada Alba, presentada por Dona María Castellanos Vicente de Xixón
Aínda que nesta modalidade soamente estaba previsto un premio único de 250 €, diploma e
obsequio conmemorativo, dado o apertado do resultado acadado na votación desta modalidade
de certame, a Comisión organizadora acordou conceder un Accésit a obra titulada Mans do avó,
presentada por D. Manuel Pombo Garazo de Santiago de Compostela.