Resolución do Xurado do certame de fotografía 150 ANIVERSARIO DA FACULTADE DE FARMACIA
Ata o vindeiro día 10 de xuño atopase aberta na Facultade de Farmacia a exposición de fotografía que
conten as obras presentadas a o CERTAME DE FOTOGRAFÍA 150 ANIVERSARIO FACULTADE DE FARMACIA,
que foi patrocinado por Agrupación Mutual Aseguradora AMA.
A o certame presentáronse un total de 59 fotografías das que o xurado seleccionou 30 que son as que
figuran na exposición, e dentre elas outorgou os seguintes premios:
Primeiro premio de 750 € e Diploma, a fotografía co título: Camino de Pamukkale,
presentada baixo o lema “Ayur-Veda” por D. Roberto González Berdini de A
Coruña.
Segundo premio de 500 € e Diploma, a fotografía co título: Gatos callejeros 2,
presentada baixo o lema “Felix Zaragoza” por D. José Ramón Moreno Fernández
de Zaragoza.
Terceiro premio (especial) de 250 €, Diploma e obsequio conmemorativo, entre as
fotografías presentadas polos integrantes ou licenciados da Facultade de Farmacia da
USC, a fotografía co título: Que ben, isto non ardeu, presentada baixo o lema “Nin
arre nin xo” por D. Manuel Campos Toimil da Facultade de Farmacia da USC.
O xurado, atendendo a mellor calidade fotográfica e interese etnográfico, outorgou tamén unha
Mención especial, Diploma e obsequio conmemorativo, a fotografía co título: Pisac,
presentada baixo o lema “Yer” por D. Javier Pedro Fernández Ferreras de Berango.
Asimesmo, figuran tamén na exposición as fotografías premiadas polo público presentadas a o
certame virtual onde concursaron un total de 177 obras.
O premio correspondeu a fotografía
titulada Alba, presentada por Dona María Castellano Vicente de Xixón
Aínda que nesta modalidade soamente estaba previsto un premio único de 250 €, diploma e
obsequio conmemorativo, dado o apertado do resultado acadado na votación deste certame, a
Comisión organizadora acordou conceder un Accésit a obra titulada Mans do avó, presentada
por D. Manuel Pombo Garazo de Santiago de Compostela
> Documento PDF coa resolución do xurado e as fotografías gañadoras do certame
.