|
150 Aniversario da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela
150 Aniversario de la Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela
|
| |
Resolución do certame de Poesía 150 Aniversario da Facultade de Farmacia |
| > Acordo do Xurado. PDF |
| > Acuerdo del Jurado. PDF |
| > Referencia do autor premiado na modalidade de poesía |
| |
Obras premiadas no certame de Debuxo e Pintura 150 Aniversario Facultade de Farmacia |
| > Obras premiadas no certame. PDF |
| |
Festividade da Patroa de Facultade de Farmacia da USC e Clausura dos Actos conmemorativos do 150 Aniversario de súa creación. |
|
Maña día 5 de decembro a Facultade de Farmacia celebra dous actos singulares. Por unha banda, a celebración de súa patroa a Inmaculada Concepción e, pola outra, o acto de clausura do 150 Aniversario de súa creación.
Ás 12 da mañá apertura do Acto polo Mgco. Sr. Reitor, Profesor Senén Barro, o que seguirá a Conferencia do Dr. Manuel E. Patarroyo sobre o tema Desarrollo de nuevas vacunas sintéticas.
Previamente ás 10 da mañá procederase a entrega de medallas de plata pola impartición de docencia durante 25 anos da Facultade aos profesores: Mª Teresa Barral Silva, José Blanco Méndez, José L. Gómez Amoza, Manuel Lamela González, Ángeles Muños Crego, Teresa Santamarina Fernández, Arturo Suarez Varela.
|
| > Programa dos actos de celebración da patrona da facultade de farmacia |
| > Programa do acto de clausura dos actos do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia |
| > Referencia biográfica do Doctor Manuel Elkin Patarroyo |
| |
Concerto extraordinario conmemorativo do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia |
|
Dentro dos actos de clausura do 150 Aniversario da Creación da Facultade de Farmacia
da USC, maña día 4 de decembro as 21.00 horas na Igrexa da Universidade, terá lugar
un concerto extraordinario da Escola Taller de Música Antiga do Orfeón Caixa Galicia“Terra a Nosa” e a Capela Compostelán, dirixidos por Miro Moreira e dedicado
Inmaculada Concepción. O concerto que está patrocinado póla Fundación Caixa Galicia
e de entrada libre ata completar o aforo. |
| > Nota de Prensa. PDF |
| > Programa do concerto. PDF |
| > Cartel |
| |
Resolución do xurado do Certame de debuxo e pintura 150 Aniversario Facultade de Farmacia |
|
Hoxe, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, presidido
polo Vicerreitor de Cultura da USC, Prof. Elías Torres e do Decano da Facultade de
Farmacia Prof. Miñones Trillo, deuse a coñecer o fallo do Xurado do Certame de
Debuxo e Pintura que con motivo do 150 Aniversario da creación da Facultade de
Farmacia convocou a Comisión organizadora de tales actos co patrocinio de Alcaliber,
S. A. |
| > Resolución do xurado. PDF |
| > Nota de prensa. PDF |
| |
Torneo Deportivo 150 Aniversario Facultade de Farmacia |
|
A comisión 150 Aniversario da Facultade de Farmacia e o Consello Social da USC, organizan para os vindeiros días 26 a 30 de Novembro un torneo deportivo nas modalidades de Fútbol 7, Fútbol Sala e Baloncesto.
O torneo está aberto aos equipos integrados indistintamente por alumnos, profesores e PAS
da USC, nas modalidades de baloncesto, fútbol-7 e fútbol sala, en ámbalas dúas categorías:
feminina y masculina.
Establecese un prazo dende o 15 de outubro ata o 16 de novembro para formalizar a
inscrición de equipas, o que se fará no decanato da Facultade de Farmacia en horario laboral
|
| |
| > CALENDARIO DO TORNEO. PDF |
| |
| > Formulario de Inscripción. PDF |
| > Normas do torneo. Versión en Galego. PDF |
| > Normas do torneo. Versión en Castellano. PDF |
| |
CERTAMEN DE literatura en lengua castellana “150 ANIVERSARIO FACULTAD DE FARMACIA”, en las modalidades de Verso y Relato |
La Comisión Organizadora de los actos conmemorativos del 150 Aniversario de la Creación de la
Facultad de Farmacia de la Universidad de Santiago de Compostela convoca y la Farmacia Gómez-Ulla
de Santiago de Compostela patrocina el CERTAMEN DE LITERATURA EN LENGUA CASTELLANA “150
ANIVERSARIO FACULTAD DE FARMACIA”, en las modalidades de VERSO y RELATO
> Bases do certame de poesía. PDF 30,5 K |
| |
CONCERTO BARCLAYS / 150 ANIVERSARIO DA FACULTADE DE FARMACIA
|
Dentro das celebracións conmemorativas do 150 Aniversario da creación da Facultade
de Farmacia da USC, o vindeiro mércores día 21 as 20.00 horas vaise a celebrar, na
Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, un concerto interpretado por alumnos da
Escola Superior de Música Reina Sofía que constitúen o Grupo Haendel de Portos do
Estado.
Dito concerto está patrocinado polo Barclays España e o programa inclúe o Trío
para piano, violín e violonchelo en mi bemol maior op. 1, numero 1, de Ludwig van
Beethoven e Trío para violín, violonchelo e piano numero 1 en si maior op. 8, de
Johannes Brahms. |
| > Referencias do Grupo Haendel |
| |
EXPOSICIÓN HISTORIA DA FARMACIA A TRAVÉS DA FILATELIA |
|
A Facultade de Farmacia da USC prosegue o programa de actos conmemorativos do 150 aniversario da súa creación coa inauguración este mércores, día 7, da exposición ‘Historia da Farmacia a través da Filatelia’ que permanecerá aberta ao público na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos) ata o vindeiro día 23.
O acto de inauguración da exposición terá lugar este mércores, 7 de novembro na Facultade de Filosofía. |
| > Documentación do evento. PDF 280 K |
| |
Remate do Certame de debuxo e pintura 150 Aniversario Facultade de Farmacia |
O derradeiro día 31 de outubro rematou o prazo para presentar orixinais ao Certame de debuxo e Pintura
150 Aniversario Facultade de Farmacia.
No Certame, convocado pola Comisión Organizadora dos actos conmemorativos do 150 Aniversario da
creación da Facultade de Farmacia da USC e Alcaliber S. A., presentáronse un total de 42 obras nas dúas
modalidades de debuxo e pintura.
Os galardóns a outorgar polo xurado as mellores obras que se presenten en cada modalidade son: Debuxo
Primeiro premio: 1000.- € e diploma, Segundo premio: 500.- € e diploma; Pintura Primeiro premio:
1500.- € e diploma, Segundo premio: 750.- € e diploma.. |
| |
| |
Remate do Certame de debuxo e pintura 150 Aniversario Facultade de Farmacia |
| O vindeiro día 31 de outubro rematará o prazo para presentar orixinais ao Certame de debuxo e Pintura 150 Aniversario Facultade de Farmacia.
No Certame, convocado pola Comisión Organizadora dos actos conmemorativos do 150 Aniversario da creación da Facultade de Farmacia da USC e Alcaliber S. A., poden participar con unha obra en unha das modalidades, os membros da comunidade Universitaria de Galicia e Licenciados en Farmacia, así como todas aquelas persoas que desexen tomar parte residentes en España. As dimensións das obras no poderán ser superiores a 100 × 80 cm na modalidade de debuxo e a 146 × 114 cm na modalidade de pintura.
Os galardóns a outorgar polo xurado as mellores obras que se presenten en cada modalidade son: Debuxo Primeiro premio: 1000.- € e diploma, Segundo premio: 500.- € e diploma; Pintura Primeiro premio: 1500.- € e diploma, Segundo premio: 750.- € e diploma.
Os interesados en participar neste certame deberán dirixir seus traballos a Certame de debuxo e pintura 150 Aniversario, Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Farmacia (Secretaría), Campus sur, 15782 Santiago de Compostela.
O fallo do xurado realizarase o vindeiro 30 de novembro. |
| |
Concerto de Milladoiro |
Dentro dos actos que veñen celebrándose en conmemoración do 150 Aniversario da creación da Facultade de Farmacia da USC, o vindeiro
xoves día 11 as 21.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia,
o Grupo Milladoiro dará un concerto extraordinario.
|
| |
| |
Entrega de premios do certame de fotografía “150 Aniversario Facultade de Farmacia” |
| O vindeiro día 11 de outubro, as 13.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Farmacia vaise a
celebrar o acto de entrega dos premios correspondentes a o CERTAME DE FOTOGRAFÍA 150 ANIVERSARIO
FACULTADE DE FARMACIA, celebrado o derradeiro curso, que foi patrocinado por Agrupación Mutual
Aseguradora AMA. |
| > Ampliar |
| |
Certame de Debuxo e Pintura “150 Aniversario Facultade de Farmacia” |
| A Comisión Organizadora dos actos conmemorativos do 150 Aniversario da Creación da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela e Alcaliber S. A. convocan o Certame de Debuxo e Pintura “150 Aniversario Facultade de Farmacia” |
| > Bases do certame. |
| > Alcaliber |
| |
Reunión hispano-lusa de Decanos de Facultades de Farmacia |
Con motivo do seu 150 aniversario, a Facultade de Farmacia da USC será sede ata este mércores, día 4, da ‘Reunión hispano-lusa de decanos de Farmacia’ que comezou este martes con varias conferencias sobre as perspectivas desta titulación no Espazo Europeo da Ensinanza Superior, a proxección dos licenciados na sociedade actual e os recentes avances nas investigacións farmacéuticas e a súa relación coas novas tecnoloxías.
Ao encontro asisten máis de vinte decanos das universidades de Santiago, Madrid, Vitoria, Salamanca, Sevilla, Valencia, Navarra, A Laguna, Barcelona, Alcalá de Henares, Granada, Miguel Hernández, Valencia CEU, San Pablo CEU, Coimbra e O Porto. |
| |
| > Programa e relación de asistentes |
| |
A conferencia sobre a creación dunha vacina contra a SIDA, impartida polo investigador do Centro Nacional de Biotecnología, o profesor Mariano Esteban, abre o congreso científico multidisciplinar do 150 Aniversario. |
Enmarcada nos actos de conmemoración do seu 150 aniversario, a Facultade de Farmacia organiza unha reunión científica multidisciplinar que se inaugurou este venres no propio centro coa conferencia ‘Desenvolvemento dunha vacina contra a VIH/SIDA’ do profesor de Investigación do Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIS, Mariano Esteban Rodríguez. Ao acto tamén asistiron o decano de Farmacia, José Miñones Trillo, e a coordinadora do encontro, a profesora María Isabel Cadavid.
Xa pola noite, a celebración continúa no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas cun espectáculo do grupo ‘Leilía’ no que a banda repasará as súas composicións máis coñecidas.
|
| |
| > Programa de actos da Reunión Científica (PDF) |
| > Biografía do profesor Mariano Esteban |
| > Ampliar a información sobre a Reunión Científica. |
| |
Concerto do Grupo Leilía en conmemoración do 150 aniversario da facultade de farmacia |
Como remate as actividades científicas que ven desenrolando a Facultade de Farmacia con motivo da celebración do 150 Aniversario da súa creación, o vindeiro venres día 15 as 20.30 horas celebrarase na sala Mozart do Auditorio de Galicia un concerto por parte de LEILÍA co seu traballo “Cantar ao vivo”, un espectáculo áxil e dinámico, no que o espectador pode viaxar a través da historia de LEILÍA.
A entrada para o concerto e publica ata que se esgote o aforo da Sala.
> Cartel do concerto
> Localiza o Audiorio de Galicia
> Sala Mozart do Auditorio de Galicia
|
| |
O xantar do 150 aniversario reune a profesores, estudiantes e PAS na carballeira próxima a facultade |
|
O xantar celebrado o pasado xoves 7 de xuño na carballeira contigua ó colexio maior Fonseca reuniu ó claustro docente, alumnos e PAS que forman a comunidade de Farmacia na USC.
Cun menú campestre, os máis de 1000 asistentes poideron compartir un xantar no que celebrar que a Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago alcance os 150 anos de historia.
> Galería de fotografías da festa campestre
> Repercusión nos medios |
| |
Os 150 anos da Facultade de Farmacia da USC, nunha mostra no Colexio de Fonseca |
A Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago convida a partir deste venres a facer un percorrido polos seus 150 anos de existencia nunha exposición que permanecerá aberta ata o 1 de xullo no Colexio de Fonseca.
A inauguración, que terá lugar este venres 25 ás 20:00 horas, estará presidida polo reitor Senén Barro e nela intervirán ademais o comisario xeral da exposición, o profesor Francisco Díaz Fierros; o decano da Facultade, José Miñones Trillo; o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias; e o conselleiro delegado de Corporación Caixa Galicia, José L. Méndez Pascual. Está prevista tamén a presenza do vicerreitor de Cultura da USC, Elias J. Torres Feijó; do director de Acción Social da Fundación Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias e da directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto Pedrido. |
| |
| > Discurso de apertura do decano da facultade de farmacia |
| |
Exposición das fotografías seleccionada no certame 150 Aniversario e veredicto do xurado |
Ata o vindeiro día 10 de xuño atopase aberta na Facultade de Farmacia a exposición de fotografía que
conten as obras presentadas a o CERTAME DE FOTOGRAFÍA 150 ANIVERSARIO FACULTADE DE FARMACIA,
que foi patrocinado por Agrupación Mutual Aseguradora AMA.
> Ampliar |
Concerto de Milladoiro |
Ante as previsións meteorolóxicas, comunícase que se suspende a actuación do grupo milladoiro prevista para o xoves día 24 de maio na praza da quintana. A nova data de actuación anunciarase oportunamente. |
| |
| |
Presentación do libro conmemorativo do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia |
A Facultade de Farmacia presenta o libro " De Pharmaceutica Scienta. 150 Años de la Facultad de Farmacia (1857- 2007) " que pon de manifesto a capacidade docente e investigadora deste centro.
|
| |
Certame de fotografía |
Rematado o prazo para a presentación de fotografías ó certame "150 Aniversario da Creación da
Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela" a resolución do xurado faráse pública o vindeiro 15 de Maio.
Dende o 23 de Abril ó 6 de Maio será posible votar polas fotografías presentadas na modalidade dixital do certame.
|
> Fotografías presentadas a concurso na modalidade dixital do certame
> Consultar as bases |
| |
Reunión científica pluridisciplinar |
Dentro da programación do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia, organizase un Congreso durante os días 5 a 15 de Xuño, co principal obxetivo de dar a coñecer á sociedade, os grupos e as liñas de investigación nas que participan os profesores desta Facultade. |
| > Información sobre a Reunión Científica do 150 Aniversario |
| |
O profesor Joan J. Guinovart Cirera imparte unha conferencia titulada "El triunfo de la farmacia" |
O catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Barcelona, Joan
Guinovart, impartiu unha conferencia titulada ‘El triunfo de la Farmacia’ na que expuso a evolución histórica desta disciplina hata o momento actual e remarcou a importancia do fomento da investigación farmacéutica co fin de asegurar o crecemento e a competividade da economía.
|
> Reseña biográfica do profesor Joan Guinovart
> Texto da conferencia |
| |
A comisión do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia convoca un certame de fotografía. |
| |
| A comisión do 150 Aniversario fixo pública a convocatoria dun certame de fotografía. En dúas modalidades, tradicional e dixital, pódense presentar fotografías a concurso de tema libre. O prazo de presentación de propostas remata o 13 de abril. |
| |
Concurso de creación dun logotipo oficial para a celebración do 150 aniversario da creación da Facultad de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela |
A Comisión organizadora do 150 Aniversario da creación da Facultad de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela convoca un concurso para o deseño dun logotipo, que será a imaxe representativa en toda a difusión de información sobre os actos de celebración do Aniversario |
| > Resolución (PDF) |
| > Bases |
| > Descargar o Logotipo do 150 Aniversario |